Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
ZONA DE USUARIOS REXISTRADOS
inicio » servizos » servizos » cursos de formación » prótese dental » dúas conferencias para o 14 de maio de 2011
  • Imprimir

Cursos

Dúas conferencias para o 14 de maio de 2011

Con data 14 de maio de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña en Santiago de Compostela, sito na rúa San Pedro de Mezonzo nº 41, Baixo, dende as 9:30 horas ás 13:30 horas.

14 de maio de 2011

As ditas conferencias serán impartidas polos os ditantes D. Miquel Coronell baixo o título “Prótese dental removible persoalizado”; así como por D. Íñigo Casares baixo o título “Anatomía, forma e textura”, o vindeiro día 14 de maio de 2011.

No tocante á poñencia de D. Miquel Coronell o obxectivo desta charla é , mostrar como personalizar os dentes Chepearl modelando enxivias de xeito sinxelo e rápido. Unha prótese removible non ten que ser só funcional, senón tamén estética.

O poñente exporá durante a súa presentación o proceso diario de traballo en laboratorio, explicando os pasos necesariose o material utilizado para a súa confección final. A presentación incluirá casos clínicos reais.

En canto á conferencia de D. Íñigo Casares a estética ten unha importancia capital na actualidade, tamén na odontoloxía moderna. Aínda que en moitas ocasións se ven relegados a un segundo plano, os tres puntos (anatomía, forma e textura) son aos que se terían que prestar maior atención cando se teña que copiar unha peza dental, xa que é máis importante acertar a forma que a luminosidade ou a cor exacta.

Fecha de Finalización
14/05/2011
Lugar
Colexio Oficial de Médicos de A Coruña en Santiago de Compostela, sito na rúa San Pedro de Mezonzo nº 41, Baixo
Horas Totales
4
Programa

Conferencia de Miquel Coronel sobre a Prótese dental removible personalizada

Obxectivo: Amosar como personalizar os dentes Creapearl modelando encías de forma sinxela e rápida. Unha prótese removible non solo ten que ser funcional, tamén estética.

Parte teórica: O poñente expoñerá durante a súa presentación o proceso diario de traballo no laboratorio, explicando os pasos necesarios e o material utilizado para a súa confección final. A presentación incluirá casos clínicos reais.

  1. montaxe de dentes e caracterización dos mesmos.
  2. Mostrar a asimetría dental e modelado en cera.
  3. Enmuflado en mufla para microondas.
  4. Maquillaxe de encías.
  5. Prensado.
  6. Polimerización.
  7. Obertura e desbastado das completas.
  8. Pulido.
  9. Demostración do maquillaxe de dentes.

 

Conferencia de Iñigo Casares sobre a "Anatomía, forma e textura"

Obxectivo: A estética ten unha importancia capital na actualidade. Tamén na odontoloxía moderna. Engloba aspectos como a cor, tamaño, disposición dos dentes, anatomía, forma e textura.

Aínda que en moitas ocasión se ven desplazados a un segundo plano, estes tres puntos (anatomía, forma e textura) son ós que teriamos que prestar máis atención cando teñamos que copiar unha peza dental, xa que é máis importante acertar na forma da luminosidade ou a cor exacta.

Preguntándonos qué é o máis importante na reconstrucción de un dente, teriamos que responder sempre: Forma, Forma e Forma. Despois luminosidade e cor.

É necesario facer unha análise global do rostro, da boca e do paciente ó que lle vamos realizar a prótese. Só deste xeito poderemos primeiro entender e despois interpretar ben a forma do dente, o que nos dará como resultado unha óptima estética do conxunto.

En infinidade de ocasións nos atopamos no traballo que debemos executar, diferencias relevantes de espacio para realizar a reconstrucción: por eso debemos coñecer a anatomía e disposición dos dentes. Nestes casos estamos obrigados a utilizar ilusións ópticas para conseguir o resultado final desexado: Excelente Estética Dental

Inscripción

O prezo do curso será de 25€ para os colexiados e estudantes e de 75€ para outros profesionais. Podedes descargar a folla de inscrición ou ben realizar a inscrición de xeito telemático seguindo os pasos que se vos indican a continuación: Servizos/Inscrición en cursos

Archivo
cv-inigo-casares.pdf
Archivo Secundario
cv.-miquel-coronel.pdf
 
ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Hórreo 7,1ºEzquerda - Santiago de Compostela