Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » servizos » biblioteca
  • Imprimir

Biblioteca

Normas de utilización do fondo bibliográfico propiedade do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

 

  1. Poderán facer uso do fondo bibliográfico todos os colexiados que estean ao corrente do cumprimento das obrigas e deberes establecidos no artigo 15º dos Estatutos.
  2. A consulta ou utilización do fondo bibliográfico na sede colexial durante o horario de oficina só require a acreditación da condición de colexiado e a comprobación por parte da Secretaría Técnica do cumprimento dos requisitos do punto 1 anterior.
  3. Establécese o réxime de préstamos, quedando suxeito as seguintes normas:
    • Deberá formularse solicitude por escrito en modelo normalizado que estará a disposición dos colexiados a sección privada da páxina web.
    • As solicitudes deberán presentarse persoalmente na sede colexial, quedando automaticamente concedido o préstamo no mesmo momento da presentación unha vez que se verifiquen pola Secretaría Técnica o cumprimentos dos requisitos esixidos para os usuarios do servizo e se cumprimenten os trámites regulados nas presentes normas.A solicitude deberá recoller declaración do usuario de ter recibido en depósito o material bibliográfico e o cumprimento e aceptación expresa das disposicións contidas nas presentes normas.
    • O préstamo non poderá exceder de 10 días naturais.
    • Os gastos das devolucións realizadas por correo serán a cargo do colexiado, non aceptándose devolucións a portes debidos.

Réxime de infraccións e sancións.

  1. Considéranse infraccións das normas reguladoras do uso do fondo bibliográfico do Colexio, encadradas como infraccións graves tipificadas polo artigo 73º.3.j) dos Estatutos:
    • a) A devolución do material prestado fora do prazo límite de préstamo.
    • b)O deterioro do material que se produza como consecuencia dun uso anormal ou indebido, libremente apreciado polos órganos do Colexio, que impida o seu uso por outros colexiados.
    • c)A non devolución do fondo entregado en réxime de préstamo.
  2. As anteriores infraccións será de aplicación o réxime de sancións do artigo 75º.3.a) dos Estatutos, sendo de aplicación o procedemento sancionador dos artigos 77º ao 80º Disposición adicional: A interpretación das presentes normas e a aclaración das dúbidas que podan xurdir da súa aplicación será competencia da Comisión Permanente.
 
Imagen
Prótese Dental

Ortondoncia e ortopedia

por Dr. Juan J. Alió Sanz

Encuadernación de lujo en formato 21 X 29,5 cm con más de 350 imágenes a color.

 
ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela