Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Consulta as últimas noticias relacionadas coa nosa profesión. As noticias están divididas en varias categorías para mellorar a súa clasificación e lectura. Usa o menú de categorías para navegar por un tipo de noticias especifico.
A Xunta de Galicia concederá axudas económicas a persoas maiores de 65 anos, discapacitadas ou que estean en situación de dependencia, para reformas e adaptacións no fogar, compra de próteses dentais e audífonos ou axudas técnicas para o normal desenvolvemento da súa vida diaria. O obxectivo é fomentar a autonomía persoal destes grupos.
O vindeiro venres día 9 de abril ás 19:00 horas no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela, terá lugar por mediación de Avinent coa colaboración do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia a presentación de Protech Customized Prosthetics, CAD-CAM de última xeración.
O vindeiro venres día 26 de marzo procederase á celebración da Sesión Ordinaria 1/2010 da Asemblea Xeral, a cal terá lugar no Hotel Francisco II, sito na rúa Bedoya nº 17 (esquina coa Avda. Buenos Aires) Ourense, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria.
A data límite para formalizar a inscrición é ata o 16 de febreiro do 2010. Para información e inscricion débese chamar ao 665 577 669
No BOE do pasado venres 6 de novembro do 2009 publicouse o Real Decreto 1591/2009, de 16 de outubro, polo que se regulan os produtos sanitarios e que entrará en vigor o vindeiro día 21 de marzo do 2010. Por medio deste Real Decreto derógase o Real Decreto 414/1996, de 1 de marzo e as súas sucesivas modificacións.