Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
BOLETÍN DE NOTICIAS
 

Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

 
inicio » colexio » colexio » comunicados » 2009 » anuncio de proclamación de candidatura presentada como candidatura electa
  • Imprimir

Comunicados

Anuncio de proclamación de candidatura presentada como candidatura electa

Este anuncio foi publicado no DOGA nº 86 do 5 de maio do 2009

13 de maio de 2009

De conformidade co establecido no artigo 50.9º dos estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto 170/2004, do 7 de xullo, faise público o contido da acta de proclamación da candidatura electa, para a reelección dos cargos da Xunta de Goberno, formalizada o pasado 25 de abril de 2009.

Os que subscriben, presidente, secretario e vogal da Xunta Electoral, das eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 50.9º dos estatutos aprobados mediante Decreto 170/2004, do 7 de xullo, certifican:

Que, por acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno con data do 8 de xaneiro de 2009, se procedeu á convocatoria de eleccións, fixando como día para a súa celebración o día 25 de abril de 2009.

Que na convocatoria de eleccións se observaron todos os requisitos legais que exixe a súa celebración, como son: a publicidade destes, eleccións dos membros da Xunta Electoral, exposición do censo, prazos de presentación de impugnacións, etc.

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas con data do 25 de marzo de 2009, tan só foi presentada unha única candidatura.

Mediante acordo da Xunta Electoral, do 26 de marzo de 2009, aprobouse a proclamación da única candidatura presentada, e acórdase, así mesmo, a omisión da realización dos comicios fixados para o día 25 de abril de 2009.
 

A teor do exposto, e considerando que só foi presentada unha única candidatura e dado que esta cumpre as condicións requiridas, chegada a data fixada no seu día para as eleccións procédese á proclama a única candidatura presentada como electa, quedando constituída a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia como segue:

 

-Titulares:

Presidente: Avelino J. Samartín Caamaño.

Vicepresidente: José Antonio Casal Cid.

Secretario: Miguel Ángel Rodríguez Ramos.

Interventor: Pablo José Ripoll Cabello.

Tesoureiro: Alfonso Pateiro Álvarez.

Relator de cultura: Manuel Corral Fariñas.

 

-Suplentes:

Primeiro: José Ramón Rey Álvarez.

Segundo: María Isabel Sánchez Ortiz.

Terceiro: Pedro Rodríguez Juanatey.

Cuarto: Manuel Canda Rodríguez.

Quinto: Manuel Pérez Souto.

Sexto: Manuel Enrique Delgado López.

 

Os membros da Xunta Electoral, transcorridos os prazos de impugnación, se os houber, cesarán automaticamente nas súas funcións.

Segundo o disposto no artigo 50.9º, publicarase o resultado das eleccións no Diario Oficial de Galicia (DOG) con carácter de urxencia.

E para que produza os efectos oportunos, expídese esta certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral, en Santiago de Compostela, o 25 de abril de 2009. Asinado: Presidente: Roberto Portas Moure. Secretario: José Antonio Calvo Díaz. Vogal: Mª Pilar Mosquera Mira.
 

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2009.

Roberto Portas Moure, Presidente da Xunta Electoral

Fuente
www.xunta.es
 
 

Comentarios

Non existen comentarios relacionados

 

ENGADE O TEU COMENTARIO

 

Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.

INFORMACIÓN DESTACADA
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela