Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.
Os vixentes Estatutos do Colexio, despois de ser sometidos a votación pola Asemblea Xeral en sesión celebrada o 17 de abril do 2004, foron aprobados polo Presidente da Xunta de Galicia mediante Decreto 304/2008, do 9 de outubro, quedando expresamente derogados os aprobados mediante Decreto 69/2000, do 7 de abril.
O seu texto articulado constitúe a adaptación esixida pola Disposición transitoria da Lei 11/2001, do 28 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, e caracterízase polas seguintes notas esenciais:
Finalmente engadir, que de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, o noso Colexio por ser único e ter como ámbito de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, asume as funcións que a Lei atribúe aos Consellos Galegos de Colexios Profesionais.
A continuación pode consultar os nosos estatutos divididos nos distintos títulos para facilitar a súa lectura. Tamén pode descargalos directamente ao seu ordenador en formato PDF premendo aqui.
Decreto 304/2008, do 9 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia
Do carácter, domicilio, fins e funcións do colexio.
Dos/as colexiados/as
Dos órganos do Colexio
Do exercicio da profesión
Do réxime económico e financeiro
Do réxime xurídico
Do réxime disciplinario