Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Será requisito indispensábel para exerce-la profesión de protésico dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta comunidade.
O incumprimento de algún dos requisitos citados nos puntos anteriores será motivo de denegación da admisión de colexiación.
Igualmente poderán exercer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os profesionais colexiados noutro ámbito territorial no que teñan establecido o domicilio profesional único ou principal. Neste suposto, deberá comunicar a súa actuación ó Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia.
Os profesionais titulados ou habilitados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración á que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Si será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.
A obrigatoriedade de pertenza ó Colexio enténdese sen prexuízo do dereito de sindicación.