Dereitos e Deberes
Dereitos de Deberes dos colexiados
Os Estatutos do Colexio nos artigo 14º e 15º recoñecen aos seus membros, entre outros, os seguintes dereitos e impón os seguintes deberes:
a)Dereitos:
- Exercer a profesión e usar o título de protésicos dental.
- Participar na xestión do Colexio a través dos órganos colexiados e exercer o sufraxio activo e pasivo.
- Recibir información sobre a actividade corporativa, e exercer o dereito de petición, proposta e solicitude ante os órganos de goberno.
- A súa defensa polo Colexio ante as autoridades, entidades, empresas ou particulares con motivo no exercicio da profesión, e a representación e apoio dos órganos de goberno nas súas xustas reclamacións e nas negociacións motivadas que xurdan con ocasión de dito exercicio.
- Comisionar ao Colexio no caso de ter establecido o servizo para o cobro de soldos, remuneracións, facturas ou minutas profesionais.
- Participar nas actividades culturais, ostentar e utilizar no exercicio da actividade a ensina profesional e o papel timbrado co selo do Colexio se así o desexa.
- Celebrar reunións da carácter colexial nas dependencias do Colexio cando se dispoña delas, e concorrer a todos os actos de confraternidade e usar a biblioteca e outros servizos que estableza o Colexio, sen prexuízo de autorización previa.
b)Deberes:
- Cumprir e acatar o Estatutos e os acordos dos órganos de goberno do Colexio.
- Designar un domicilio, satisfacer as cotas ordinarias e extraordinarias e as dos servizos que a Xunta de Goberno declare obrigatorias, así como aquelas destinadas para fins mutualistas, viuvidade, orfandade, vellez e outras que se establezan por dito órgano.
- Non colaborar con quen realice actos de intrusismo profesional, absterse de calquera práctica que supoña competencia desleal e cumprir con máximo celo e eficacia as encargas profesionais.
- Cobrar os honorarios no exercicio da profesión e facilitar a documentación que se refira a súa actividade profesional que lle sexa requirida polo Colexio.
- Colaborar co Colexio en todas as accións legais encamiñadas á erradicación do intrusismo profesional, e gardar o segredo profesional no exercicio da profesión.
- Mostrar sempre que se lle requira o carné de colexiado ao concorrer a actos ou usar servizos promovidos ou prestados polo Colexio.