Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

Este ano, ademais do acostumado recoñecemento aos colexiados xubilados, homenaxeamos á primeira Xunta de Goberno do Colexio, que fora presidida por D. Rogelio Vigo Morandeira PROGRAMA 11,30h. Recepción e acreditación dos asistentes na Praza Maior, diante da Casa do Concello de Lugo. 12,00h. Visita guiada polo entorno histórico e monumental da cidade. A visita inclúe un paseo polo adarve da muralla e visita á Catedral e casco histórico. 14,30h. Remate da visita e saída da Estación de autobuses cara o Restaurante A Palloza, onde despois do xantar terán lugar os Actos de Homenaxe aos colexiados xubilados e á primeira Xunta de Goberno do Colexio 17,00h. Espectáculo lúdico a cargo do mago Xavier Muro. MENÚ Vieiras aos tres gustos Rodaballo en salsa Año do leite ao forno Variado de doces caseiros. Café e licores Bebidas: D.O. Rías Baixas, D.O: Rioja Crianza, refrescos e auga mineral AUTOBUSES: Informamos de que haberá un servizo de autobús con Autocares Lucho, con saída do Hotel Galeones de Vigo ás 8,30 horas; parada ás 9,00 fronte á Estación de Renfe de Pontevedra e ás 9,45 no Palacio de Congresos de Santiago. O prezo da viaxe en autobús será de 15€ por persoa, que deberán ser ingresados xunto co importe do xantar. É imprescindíbel confirmar asistencia e reservas antes do día 22 de xuño na Secretaría colexial, tlf. 981 524 591/ FAX. 981 534 117, xustificando ingreso do importe do xantar (45€ por persoa) na conta do BSCH nº 0049 1467 292010456274 O colexiado, ao realizar a súa reserva e ingreso, fará constar o seu nome e número de colexiado, e de levar acompañante, indicarao tamén. Pregamos a máxima celeridade nas confirmacións de asistencia, para posibilitar a concreción do número de reservas.
Non existen comentarios relacionados
Se desexas engadir un novo comentario, debes estár rexistrado como usuario de COPRODEGA. Introduce os teus datos de acceso en caso de estar rexistrado ou rexistrate gratis cubrindo o noso formulario de rexistro.