Noticias

Novo curso en Ourense. Organizado polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Pontevedra-Ourense

Os vindeiros días venres 27 e sábado 28 de xaneiro no Hotel Eurostars Auriense, sito na rúa Cumial 12, da cidade de Ourese, terá lugar o curso "Ortodoncia para todos. Posta ó día nos problemas diagnósticos e de abordaxe clínico". O prezo para os protésicos colexiados e estudantes de prótese dental será o mesmo que para os odontoestomatólogos e estudantes. Mais información, no triptico que se axunta.

 
Noticias

Nova oferta de traballo

Na sección de servizos, podedes atopar unha nova oferta de traballo para protésicos dentais en A Coruña

 
Noticias

Conferencias 19 de novembro de 2011

Con data 19 de novembro de 2011 celebraranse dúas conferencias, que terán lugar na sede social do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, sita na rúa San Pedro de Mezonzo 41 baixo, da cidade de Santiago de Compostela, entre as 09:30 horas e as 18:00 horas.

 
Noticias

Novidade Lexislativa

Con data de 11 de xullo de 2011 foi publicado no BOE o RD 887/2011, de 24 de xuño, polo que se complementa o catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de tres cualificacións profesionais correspondentes á Familia Profesional Sanitaria.

 
Noticias

Poñencias sobre: Estética do grupo anterior con protese fixa, dento ou implantosoportada

Os vindeiros días 11 e 12 de novembro de 2011 celebraranse as conferencias sobre “Estética do grupo anterior con protese fixa, dento ou implantosoportada”, organizadas polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da XI Rexión (Pontevedra-Ourense) que terán lugar no Hotel Cidade de Vigo, sito na rúa Concepción Arenal nº 5 de Vigo. As ditas conferencias serán impartidas polos ditantes Dr. Ernest Mallat Callís e polo Dr. Javier de Miguel Ferreiro.