Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina
Introduza o seu correo electrónico para suscribirse ao noso boletín.

A prescrición constitúe o documento que permite elaborar a prótese adaptada a un determinado paciente, e deslinda o ámbito da responsabilidade sobre as eventuais deficiencias do produto final. Ademais destas funcións, debe identificar adecuada e suficientemente ao paciente en orde a realizar operacións distintas das propiamente sanitarias.
As prescricións de medicamentos ou produtos sanitarios deberán cumprir os requisitos especificados na Lei 25/1990, do 20 de decembro, do Medicamento e no RD 1910/1984, do 26 de setembro, que regula as características da receita médica. O seus artigo 7º.3. e 8º recollen o contido inescusable para súa validez e os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais, tales como verificación, cuantificación, liquidación, tratamento informático, comprobación ou outros similares.
COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
A prótese dental deberá estar elaborada mediante a utilización dos produtos, materiais, técnicas e procedementos normalizados de traballo tal e como se prevé no RD 414/1996, do 1 marzo.
A prótese dental seranlle de aplicación as normas en materia de garantías na venda de bens de consumo, particularmente, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 23/2003, do 10 de xullo, deberá responder o vendedor das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a data de entrega. Agás proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores a entrega xa existían cando o produto se entregou, salvo cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do ben ou coa índole da falta de conformidade. Prescribirá a acción de reclamación unha vez transcorridos tres anos desde a entrega do ben, debendo o consumidor informar ao vendedor a falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.
Por así esixilo o artigo 43 da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, os protésicos dentais que exerzan no ámbito da asistencia sanitaria privada, están obrigados a subscribir o oportuno seguro de responsabilidade que cubra as indemnizacións que se podan derivar dun eventual dano ás persoas causados con ocasión da prestación da asistencia ou servizo.