Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

lopdat Protección de Datos
AMA - La mutua de los profesionales sanitarios
inicio » a prótese dental » ¿cales son os dereitos dos pacientes?
  • Imprimir

¿Cales son os dereitos dos pacientes?

A Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, outorgoulles aos protésicos dentais e aos pacientes de próteses dentais os seguintes dereitos en materia de sanidade bucodental:

  1. Dereito á libre elección de profesional sanitario protésico dental.
  2. Que o paciente adquira e abone directamente ao protésico a súa prótese, con independencia de que o dentista lle realice cantas labores clínicas sexan imprescindibles.
  3. Adquirida a prótese no laboratorio da súa libre elección, conforme á prescricións e indicacións do seu dentista, o paciente debe acudir ao dentista para que este verifique que o traballo do protésico corresponde ás prescricións indicadas.
  4. O paciente debe evitar que o dentista, coa escusa de realizar a ulterior colocación, subministre a prótese na mesma clínica. Esta é unha posibilidade non contemplada na normativa legal e corre o risco de que os prezos se encarezan en porcentaxes superiores ata dun 400 % no prezo final, moitas veces inasumibles pola meirande parte da poboación.

O paciente ten dereito a coñecer o nome do protésico dental e os seus honorarios, podendo efectuarlle o pago directo se así o quixeran as partes, pero a prótese debe ser entregada exclusivamente ao facultativo que a prescribiu e encargou para a súa colocación e "posta en servizo final" na boca do paciente mediante as adaptacións clínicas que, previa ao alta, foran necesarias.

Garantías Administrativas:
Coñecer, a través da Organización Colexial e das Autoridades, que profesionais facultativos satisfan as esixencias legais académicas, sanitarias e administrativas establecidas para respaldar a capacidade profesional e protexer a seguridade persoal dos pacientes.
 

Asesoramento clínico:
Recibir información detallada sobre o plan de tratamento que debe presentarse de xeito escrito e reflexando:

O máis importante é comentar co paciente en detalle, informándolle claramente de xeito que poda entender:

  1. Tipo e numero de implantes a colocar.
  2. A prótese que vamos a confeccionar e características destas.
  3. A duración aproximada do tratamento proposto.
  4. Custe económico que lle vai supor.
    1. Que o deseño do tratamento que se pretende realizar é o adecuado en función das súas características e situación particular.
    2. As expectativas que se esperan acadar tanto a nivel funcional como estético.
    3. As particularidades da prótese que se vai colocar, se pode ser fixa ou non, se debe retirala para a súa limpeza, se leva padal, asemade o material rehabilitador… En definitiva, todas as explicacións que sexan necesarias para que o día que se atope co traballo colocado na boca se identifique con el.
    4. A colaboración requirida pola súa parte no transcurso do tratamento, en función da duración deste e das características das distintas fases que se precisan para a súa conclusión, se hai períodos nos que se vai inflamar a cara, se non pode ir a traballar, se ten que gardar reposo, dificultades na mastigación, se non pode portar ningún tipo de prótese nalgún momento co conseguinte deterioro do seu aspecto estético e relacións sociais…
       

Con frecuencia ao ser un tratamento en distintas etapas, se o paciente non está ben informado, na derradeira fase soe cansarse e manifestar ansiedade, que se pode evitar ou polo menos minimizar con información e orientación previa. Deberá ser consciente dun mantemento posterior para a súa conservación.

Consentimento:
No plan de tratamento cómpre pedir asinado o consentimento informado.
O consentimento informado non é só unha acción. É un termo que sinala dúas accións distintas.

Debemos ter presente que non sempre estas dúas accións van unidas. Realmente o consentimento informado é algo tan básico que non se pode facer nada a ninguén sen que outorgue o seu permiso, sobre todo se a actuación é sobre algo tan importante como a propia integridade corporal do suxeito. Ademais, para que o permiso outorgado sexa válido debe estar apoiado no coñecemento do paciente. O paciente debe saber que está a consentir e as repercusións que pode ter para el. O que se está a protexer con esta actuación é o dereito do paciente ao exercicio da súa autonomía.

 

  1. Informar ao paciente.
  2. Pedirlle o seu consentimento para actuar.

Calidade Asistencial:
Recibir por parte do facultativo dentista cuxos servizos contratara, unhas prestacións asistenciais acordes á “lex artis” do momento; isto é, conformes a protocolos clínicos aceptados no estado actual da ciencia. Asemade, recibir unha atención de calidade, entendendo por tal a optimización dos medios e procedementos dispoñibles e posibles nas circunstancias en que se desenvolve a prestación clínica ao paciente e recibir, tanto do facultativo, como do persoal auxiliar e administrativo baixo responsabilidade deste, un trato respetuoso, digno e confidencial.

Información Asistencial:
Recibir unha factura polas prestacións facilitadas, ben con detalle pormenorizado das mesmas, ben global se por razóns de confidencialidade así o preferira, sen prexuízo, neste caso, dun informe complementario de carácter privado sobre as ditas prestacións. Así mesmo, coñecer o custe dos produtos sanitarios non adaptables de dispensación unitaria, e/ou dos produtos sanitarios a medida contratados polo facultativo como obra necesaria para proporcionar os seus servizos, coa súa correspondente declaración de conformidade, debidamente desglosados dos honorarios correspondentes á súa indicación, prescrición, proba, adaptación, implantación ou colocación.

Intimidade:
A protección da súa identidade fora do ámbito do consultorio. A confidencialidade sobre a súa realidade clínica.

 

ACCESOS DIRECTOS
 
 
COLEXIO DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA
Rúa Montero Ríos 10 1ºB - Santiago de Compostela